imitación

< lat imitatĭōne
Plural: imitacións
  1. s f Acción de imitar.
  2. s f Cousa que imita outra.
    1. s f FILOS Maneira, segundo os pitagóricos, en que as cousas se relacionan cos nomes e coas entidades superiores.
    2. teoría da imitación / ARTE/FILOS Doutrina que afirma que a arte consiste en imitar.
  3. s f MÚS Procedemento contrapuntístico en que se reproduce un motivo dado unha ou máis veces.
  4. s f PSIC Fenómeno psíquico, consciente ou non, que se caracteriza pola reprodución activa dunha conduta observada anteriormente noutro individuo.
  5. s f SOCIOL Proceso polo que, segundo Gabriel de Tarde, teñen lugar os vínculos que conforman a sociedade.

Refráns

  • ¿A onde vas, tolo? -A onde van todos.

Palabras veciñas