imaxinaría

< imaxinario
Plural: imaxinarías
  1. s f Fabricación de imaxes.
  2. s f Arte de tallar ou pintar imaxes relixiosas.
  3. s f TECNOL Conxunto das técnicas que teñen por finalidade obter unha imaxe que é formada a consecuencia dalgún tipo de interacción entre o obxecto e un sinal ou que está xerada directamente por un proceso informático.
  4. s f Conxunto de imaxes que emprega un escritor, escola ou unha época.