íleo

< gr ε ἰ λέων p pres de ε ἰ λε ῐ ν ‘retorcerse’
Plural: íleos
  1. s m ANAT Última sección do intestino delgado, que se estende entre o xexuno e o cego.
  2. s m PAT Falta de progresión do tránsito intestinal, que se debe a unha obstrución da luz do intestino (íleo mecánico) ou a unha parálise da musculatura da parede dos intestinos (íleo paralítico ou adinámico).