iguana

< voz araucana
Plural: iguanas
  1. s f ANIMAL Réptil da familia dos iguánidos, de lingua grosa e inmóbil, pálpebras móbiles, dentes inseridos na cara interna das enxivas e cola longa e resistente. Posúe espiñas correúdas que van desde o pescozo ata a cola e garganta con saco dilatable. Inclúe distintas especies que están adaptadas a diferentes hábitats e tipos de alimentación.