iconostasio

< icono- + gr -στάσις ‘acción de poñer’
Plural: iconostasios
  1. s m ARQUIT/RELIX Muro, de madeira ou de obra, cunha porta central e dúas laterais decoradas con iconas, que nas igrexas de Oriente separa o santuario ou presbiterio da nave da igrexa.
  2. s m ARQUIT Cancelo de mármore ou pedra labrada que se emprega nas igrexas visigodas e mozárabes para separar o presbiterio da nave.