smBIOLLíquido, normal ou patolóxico, do corpo dun animal ou dunha planta.
humor acuosoZOOLLíquido viscoso contido na cámara anterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados, entre a córnea e o cristalino.
humor cardinalMEDCada un dos catro humores (bile, atrabile, pituíta e sangue) que, segundo a medicina antiga, segregaba o organismo e do equilibrio dos que dependían a saúde e a enfermidade.
humor vítreoZOOLLíquido xelatinoso contido na cámara posterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados entre o cristalino e a retina.
sm
PSICEstado de ánimo, que fai referencia a unha disposición afectiva do espírito ou do temperamento, con inclinación á alegría ou á tristeza.
Boa disposición para facer algo.
smTendencia de alguén a ver o lado positivo ou irónico das cousas.
LIT
smFacultade de descubrir e expresar elementos cómicos ou absurdamente incongruentes en ideas, situacións, acontecementos ou actos.
humor inglésTipo de humor particularmente sutil.
humor negroTipo de humor que adoita acentuar aqueles aspectos violentos, cínicos e macabros das cousas ou das situacións.
sentido do humorCapacidade para aceptar o lado alegre das cousas e comprender as bromas dos demais.
Citas
Hoxe non ten humor nin para saír á rúa
Malia todos os padecementos, aínda conserva un bo sentido do humor
Non sei que humor terá nestes momentos, OBS: Normalmente, emprégase con adxectivos do tipo bo ou malo, que son os que determinan o valor positivo ou negativo do enunciado, Quén sabe se estará de bo humor
Refráns
As que me dan non as quero e as que quero non mas dan -di, por non casar, Xan.
Cando aquí non estiveres, comerás comigo.
Cando vexas a túa casa queimar, achégate para te quentar.
Na casa baleira faise a cea á carreira.
O pan trigo e o centeo vale máis na barriga que no seo.
O pantrigo fíxoo Deus, a boroa mandouna facer.
Onde comen tres, comen catro, se poñen máis no prato.
Os caldelaus, desque non teñen que comer, lamben as maus.
Se o ceo cae, debruxo nos colle.
Se o demo nos ha levar, que nos leve en coche.
Veume o mal que acostuma vir: que, despois de farto, bótome a durmir.
Xa que a casa se nos queima, quentémonos todos.
¡Deus dea con que rir, que para chorar hai abando!
¡Deus nos dea humor e non nos ollas!
¡Deus nos dea humor, que disgustos non han faltar!