hospitalario -ria

< hospital
Plural: hospitalarios Masculino: hospitalario Masculino plural: hospitalarios Feminino: hospitalaria Feminino plural: hospitalarias
  1. adx
    1. Aplícase á persoa que acolle a outra na súa casa con amabilidade e hospitalidade.
    2. Que demostra hospitalidade.
    3. Aplícase ao lugar que é acolledor.
  2. adx Relativo ou pertencente ao hospital.
  3. adx Aplícase á institución que ten como principal obxectivo ofrecer albergue.
  4. hospitalaria do Sagrado Corazón RELIX Membro da congregación feminina fundada en 1881 por B. Menni.
  5. hospitalario de San Xoán de Deus RELIX Membro da orde dos Irmáns de San Xoán de Deus.

Citas

  • É aquel un val de clima benigno e hospitalario
  • É unha zona de xente amable e hospitalaria
  • Os empregados do hotel foron moi hospitalarios