hortensia

< lat Hortensĭa, do antropónimo fr Hortense
Plural: hortensias
  1. s f PLANTA Arbusto caducifolio do xénero Hygrangea, da familia das saxifragáceas, que presenta variedades que se caracterizan por ter as flores dispostas en inflorescencias en forma de grandes corimbos terminais de cor rosa, vermello e azul.
  2. s f BOT Flor da planta homónima.
  3. hortensia de inverno PLANTA Planta herbácea perenne, da familia das saxifragáceas, que presenta cepa grosa, follas ovais e carnosas e flores dunha cor rosa agrupadas en acio denso.