homoxéneo -a

< homogenĕu gr ὁ μογεν ή ς
Plural: homoxéneos Masculino: homoxéneo Masculino plural: homoxéneos Feminino: homoxénea Feminino plural: homoxéneas
  1. adx
    1. Que está formado por elementos da mesma natureza ou moi semellantes.
    2. Que presenta os seus elementos ben mesturados, integrados ou repartidos uniformemente.
  2. adx Que non presenta cambios bruscos nin importantes.
  3. adx Da mesma natureza.
  4. adx FÍS Aplícase á fórmula na que as dimensións de ambos os dous membros son iguais.
  5. adx MAT
    1. Aplícase ao polinomio que ten todos os termos do mesmo grao.
    2. Aplícase ao sistema de ecuacións lineais onde todos os termos independentes son nulos.
    3. Aplícase á función f(x,y) tal que f(tx,ty) = tnf(x,y), onde n é un numero real denominado grao de homoxeneidade.
    4. Aplícase á ecuación diferencial lineal onde o segundo membro é cero.

Sinónimos

Citas

  • Mesturar os ingredientes ata conseguir unha pasta homoxénea
  • O terreo ten unha superficie homoxénea