homóptero -ra

Plural: homópteros Masculino: homóptero Masculino plural: homópteros Feminino: homóptera Feminino plural: homópteras
  1. adx Relativo ou pertencente aos homópteros.
  2. s m ANIMAL/ENTOM Insecto da suborde dos homópteros.
  3. s m pl ANIMAL/ENTOM Suborde de insectos exopterigotos, da orde dos hemípteros, que presenta  pezas bucais picadoras e chuchadoras en forma dun aguillón, dobrado en repouso baixo o tórax, e dous pares de alas membranosas. Nútrense de zumes vexetais e son hemimetábolos.