adxQue corresponde a outro ou que ten as mesmas características ou funcións que outro.
adxBIOLAplícase aos órganos de vexetais e de animais que teñen a mesma orixe embriolóxica, aínda que non teñan necesariamente a mesma forma ou a mesma función.
adxMATAplícase aos elementos conectados por algunha relación, algunha correspondencia ou algunha transformación.
QUÍM
adxAplícase aos compostos que pertencen á mesma serie homóloga.
serie homólogaSerie de compostos que difiren entre eles só no número de grupos metileno e que presentan grupos funcionais idénticos.
adxFÍSAplícase aos puntos, ás caras ou ás aristas dun cristal que se poden superpoñer aplicando operacións de simetría de primeira especie.
adxXENAplícase ao grupo de cromosomas dunha célula que teñen a mesma información para os mesmos caracteres, aínda que poden estar representados por alelos diferentes.
Citas
En circunstancias homólogas eles actuarían de forma diferente, O ministro reuniuse co seu homólogo portugués