améndoa

< lat v *amyndăla ‘améndoa’ por amygdăla
Plural: améndoas
  1. s f BOT Froito da amendoeira que consiste nunha drupa de pericarpo verde e aveludado, mesocarpo branco e coriáceo e endocarpo leñoso, que contén unha única semente.
  2. s f BOT Semente da amendoeira, doce ou amarga segundo as variedades, moi rico en aceites e graxas vexetais.
  3. s f p ext BOT Parte carnosa dalgunhas sementes que queda despois de sacarlles as cubertas leñosas.
  4. améndoa amarga BOT Semente non comestible da amendoeira amarga (P. amygdalus var amara) que ten aplicación en farmacia e na fabricación de esencias.
  5. améndoa mística ARTE Ornamento en xeral de forma elíptica, que rodea unha figura sagrada á que se quere dar un relevo especial.

Sinónimos

Citas

  • A torta de améndoa é o meu doce preferido
  • Abriuse a carabuña do pexego e puiden ver a améndoa no seu interior
  • Nunca traballei na recolleita da améndoa

Refráns

  • Ano de améndoas, ano de merda.