hipotiroidismo

< hipo- + tiroidismo
Plural: hipotiroidismos
  1. s m PAT Estado patolóxico orixinado por unha deficiencia da hormona tiroide. OBS: Tamén se denomina insuficiencia tiroide.
  2. hipotiroidismo infantil PAT cretinismo.
  3. hipotiroidismo de adulto PAT Hipotiroidismo que se caracteriza pola afección do tecido conectivo subcutáneo (mixedema). O aspecto do paciente caracterízase pola facies mixedematosa, coa pel grosa, edematosa e seca.