hipóstase

< lat hypostăsis gr ὑ πόστασις
Plural: hipóstases
  1. s f FILOS
    1. Substancia considerada como a realidade ontolóxica, en contraposición á puramente mental.
    2. Cada un dos tres graos supremos ou primeiros que recoñecía Plotino: o Un, que está por riba de todas as cousas, a Intelixencia e a Alma.
  2. s f RELIX Suposto ou persoa, especialmente as persoas da Trindade, en contraposición á única natureza divina.
  3. s f XEN Interacción entre dous xenes nos que un impide a expresión fenotípica do outro, que non é alelo do primeiro.
  4. s f LING
    1. Cambio de categoría gramatical que experimenta unha palabra.
    2. Formación dunha palabra a partir doutras que adoitan aparecer en conexión sintagmática.