hipopotámido -da

< lat científico Hippopotamus
Plural: hipopotámidos Masculino: hipopotámido Masculino plural: hipopotámidos Feminino: hipopotámida Feminino plural: hipopotámidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos hipopotámidos.
  2. s m ANIMAL Mamífero da familia dos hipopotámidos.
  3. s m pl ANIMAL Familia de mamíferos artiodáctilos, da suborde dos suiformes, que teñen o corpo macizo, as extremidades curtas, grosas e tetradáctiles, o rabo curto, comprimido lateralmente, e a cabeza maciza co fociño ancho. Son herbívoros e os dentes incisivos e caninos teñen crecemento continuo.