hiperenxebrismo

< hiper- + enxebrismo
Plural: hiperenxebrismos
  1. s m LING Fenómeno lingüístico que consiste na manipulación de palabras galegas coa intención de as diferenciar ou afastar das súas correspondentes en castelán, dando lugar a formas incorrectas que pretenden pasar por xenuínas. OBS: Tamén se denomina hipergaleguismo.
  2. s m LING Forma lingüística creada por hiperenxebrismo.

Sinónimos