hiperbóreo -a

Plural: hiperbóreos Masculino: hiperbóreo Masculino plural: hiperbóreos Feminino: hiperbórea Feminino plural: hiperbóreas
  1. adx XEOG Que está situado no extremo N do Ártico.
  2. adx XEOG Relativo ou pertencente ás zonas máis setentrionais do planeta.
    1. adx Relativo ou pertencente aos hiperbóreos.
    2. s MIT Individuo do pobo mítico dos hiperbóreos.
    3. s m pl MIT Pobo mítico, relacionado coa lenda do deus Apolo, que habitaba no extremo norte de Europa, máis alá de onde sopra o Bóreas,  ao que se lle atribúe o coñecemento da maxia e a fundación do oráculo de Delfos.