smElemento químico da táboa periódica que ten número atómico 1 e peso atómico 1. É o gas máis lixeiro de todos os gases e as súas moléculas son diatómicas. Case é inexistente en estado libre ou non combinado, e en estado combinado, forma parte da auga e unido ao osíxeno, ao carbono, ao nitróxeno e ao xofre, forma parte de todas as plantas e dos tecidos animais. É un gas industrial de grande importancia, con aplicacións na síntese do amoníaco e na hidroxenación dos aceites de peixe e dos aceites de hulla e na fabricación do metanol e dos carburantes sintéticos.
bromuro de hidróxeno [HBr]Composto que se emprega en solución acuosa, denominada ácidobromhídrico.
cianuro de hidróxeno [HCN]Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácidocianhídrico.
cloruro de hidróxeno [HCI]Composto gasoso moi empregado na industria, case sempre en forma de solución acuosa, denominada ácidoclorhídrico.
fluoruro de hidróxeno [HF]Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácidofluorhídrico.
ioduro de hidróxeno [HI]Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácidoiodhídrico.
peróxido de hidróxenoaugaosixenada.
sulfuro de hidróxeno [H 2 S]Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácidosulfhídrico.
electrodo de hidróxenoFÍSElectrodo de platino ao redor do que burbulla hidróxeno. Adóitase tomar como potencial cero dun electrodo de hidróxeno, na presión atmosférica, nunha solución de ións hidróxeno de actividade unidade. Emprégase como electrodo de referencia.