hidrófido -da

Plural: hidrófidos Masculino: hidrófido Masculino plural: hidrófidos Feminino: hidrófida Feminino plural: hidrófidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos hidrófidos.
  2. s m ANIMAL Ofidio da familia dos hidrófidos.
  3. s m pl ANIMAL Familia de ofidios que se caracteriza pola posición dos orificios nasais, situados na parte superior do fociño e capaces de pecharse completamente. De hábitat mariño, todas as especies son ictiófagas e dotadas dun veleno moi activo.