ámbito

< lat ambĭtu ‘circuíto’, de ambīre ‘rodear’
Plural: ámbitos
  1. s m Espazo limitado onde se desenvolve ou ten efecto algo.
  2. s m p ext Espazo ficticio que abrangue unha actividade, arte ou ciencia.
  3. s m LING Situación de interacción lingüística que se presenta agrupada arredor dun mesmo eido da experiencia.

Sinónimos

Citas

  • É un recoñecido especialista no ámbito das humanidades
  • O seu modo de actuar varía no ámbito escolar