ámbar

< ár ‘anbar ‘cachalote’ ‘ámbar gris que se forma no intestino do cachalote, no Océano Índico’
Plural: ámbares
  1. s m MINERAL Resina fósil de diversas coníferas, que pode ser de cor amarela, azul ou translúcido e pode conter fósiles en inclusión.
  2. ámbar gris QUÍM/IND Substancia de consistencia cerosa, de cor gris negra e con olor de almiscre, situada no tubo dixestivo dos cachalotes e doutros cetáceos mariños, que se emprega en perfumaría como fixador e como tintura.
  3. ámbar negro MINERAL acibeche.