herdanza

< herdar
Plural: herdanzas
    1. s f DER Dereitos, obrigacións e bens que, unha vez morto o titular, poden ser transmitidos a un terceiro, herdeiro ou legatario. Os dereitos e as obrigacións (activas ou pasivas) han de ser persoais.
    2. herdanza mutual Institución contractual recíproca de herdanza entre os esposos a favor do que sobreviva.
  1. s f fig Aplícase ao que procede do pasado e que se transmite á posterioridade.
  2. s f XEN Fenómeno de transmisión dun conxunto de caracteres conxénitos entre os individuos dunha determinada especie.

Sinónimos

Citas

  • Aínda pervive a herdanza do colonialismo

Palabras veciñas