heliozoo

< helio- + zoo
Plural: heliozoos
  1. adx Relativo ou pertencente aos heliozoos.
  2. s m PROTISTA Protozoo do grupo dos heliozoos.
  3. s m pl PROTISTA Protozoo sarcomastigóforo da clase actinopódea, co corpo celular dividido nun ectoplasma moi vacuolizado e un endoplasma cun ou varios núcleos. Carecen de cápsula central, teñen axopodios dispostos en forma de raio arredor do corpo e están provistos dun exoesqueleto silícico.