smFÍSUnha das cores que se distinguen no espectro solar, entre o laranxa e mais o verde. As lonxitudes de onda da luz amarela están comprendidas entre 5.700 e 5.970 Å.
QUÍM/IND
smMateria colorante amarela.
amarelo de acridinaColorante básico amarelo derivado da acridina que se empregou en medicina como bactericida.
amarelo de cadmioPigmento de cor entre verdosa e laranxa, obtido por tratamento dunha solución de sulfato ou cloruro de cadmio con sulfuro alcalino ou sulfuro de hidróxeno.
amarelo de CasselPigmento obtido por combinación do cloruro de chumbo con óxido do mesmo metal.
amarelo de cobaltoPigmento formado por hexanitrocobaltato (III) de potasio, moi resistente á luz e que se escurece mesturado coas lacas. Emprégase na técnica de acuarela.
amarelo de NápolesPigmento formado por antimoniato de chumbo que contén óxidos de cinc e bismuto, e que foi moi empregado en pintura artística.
amarelo de París/de cromoPigmento formado por cromato de chumbo que se emprega en pintura e na estampaxe de tecidos de algodón.
raza amarelaRaza humana oriunda de Asia principalmente, que se caracteriza por ter a pel amarelada.