habitual

< lat habĭtu
Plural: habituais
  1. adx Que se fai por hábito.
  2. adx Que é costume.
  3. adx Aplícase á circunstancia na que normalmente se atopa algo ou alguén.
  4. adx Aplícase ás persoas que van a un lugar con frecuencia. Tm s.

Sinónimos

Citas

  • É habitual que chegue tarde
  • É habitual que nas festas haxa moita comida
  • É un dos seus clientes habituais, Repartiu lotería entre os habituais do café
  • Esta é a súa forma habitual de comportarse

Palabras veciñas