guión

< guía
Plural: guións
  1. s m Estandarte que serve de guía nunha procesión ou comitiva.
  2. s m
    1. Escrito en que se apuntan de xeito esquemático e ordenado unha serie de puntos ou ideas que serven de guía para un discurso ou exposición.
    2. Texto en que se expón o argumento e os detalles técnicos necesarios para o desenvolvemento dunha película ou dun programa de radio ou televisión.
  3. s m LING Signo ortográfico <-> en forma de raia horizontal curta, que se emprega para unir os elementos que conforman unha palabra composta e para separar as sílabas dunha palabra en final de liña.
  4. s m MAR Parte do remo comprendida entre a cana e o puño, ou cando está armado, a que media entre o tolete e o puño, por onde se agarra para vogar.
  5. s m MÚS Signo que, colocado sobre unha nota, indica que esta debe sosterse en toda a súa duración (tenuto). No baixo cifrado significa a continuación da harmonía precedente.

Sinónimos

Citas

  • A película levou un Oscar ao mellor guión orixinal
  • Perdeu o guión da súa conferencia e tivo que improvisar