abrasión

< lat abrāsiōne ‘acto de tirar raspando’ abrādere ‘raspar, furtar’
Plural: abrasións
  1. s f Acción de desgaste por fricción.
  2. s f HIST/ESCR Raspadura feita sobre un pergameo ou sobre outros soportes previamente escritos co fin de volver escribir por riba.
  3. s f MED
    1. Acción de destruír, extirpar, exulcerar ou separar cirurxicamente.
    2. Exulceración dos fragmentos mucosos miúdos.
    3. Destrución, por desgaste, dos tecidos duros do dente, esmalte e dentina.
    4. Método empregado en dermatoloxía para corrixir unha cicatriz vizosa.
  4. s f PAT Acción irritante dos purgantes drásticos.
  5. s f PREHIST/ARTE Técnica de gravado empregada habitualmente na realización de petroglifos.
  6. s f XEOG Proceso de erosión ou desgaste das rochas por acción mecánica, rozamento ou fricción.