guacamaio

< taíno huacamayo
Plural: guacamaios
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave dos xéneros Anodorhynchus e Ara, da familia dos psitácidos, que se caracteriza por presentar a cara total ou parcialmente desprovista de plumas, a cola tan longa ou máis ca o corpo, peteiro curto e forte e unha plumaxe de cores moi vistosas.
  2. guacamaio azul e amarelo ANIMAL/ORNIT Ave de cor azul turquesa no dorso e amarela-dourada no ventre. Aliméntase fundamentalmente de sementes e froitas. Son animais lonxevos que poden sobrepasar os 50 anos.
  3. guacamaio rosado ANIMAL/ORNIT Ave de cor vermella, coa parte superior das ás amarela e as plumas máis longas azuis.
  4. guacamaio verde ANIMAL/ORNIT Ave con cola longa e aguzada. É de cor verde, coas plumas máis grandes das ás de cor azul, e unha espesa banda de plumas vermellas na fronte.
  5. guacamaio xacinto/azul ANIMAL/ORNIT Ave que se caracteriza por presentar unha plumaxe púrpura azulada, un círculo amarelo ao redor do ollo e amarelo ao fondo da mandíbula.