gris

< occit antigo gris
Plural: grises
    1. adx Que resulta de mesturar o branco e o negro. Tm s m, referido a cor.
    2. gris marengo Gris moi escuro.
    3. gris perla Gris moi claro.
  1. adx Aplícase ao día que está anubrado.
  2. adx Que non destaca ou se distingue.
  3. s col Membro da Policía Armada durante a época en que levaba uniforme desta cor.

Citas

  • O ceo está gris e ameaza chuvia
  • Relatounos a vivencia gris da súa infancia