grilo

Plural: grilos
  1. ANIMAL/ENTOM
    1. s m Insecto ortóptero, da familia dos grílidos, que ten un corpo grande e robusto, cabeza grosa provista de dous ollos compostos e un par de antenas longas, e coloración parda escura. As ás anteriores atópanse endurecidas e as posteriores son moi pequenas ou desapareceron. Son insectos cantadores, e o macho produce un son agudo moi característico rozando os élitros.
    2. grilo común [Gryllus campestris] Insecto, de cor negra e marrón, con patas poderosas e ás ben desenvolvidas. Son omnívoros, aínda que se alimentan preferentemente de vexetais. Teñen costumes diúrnas e pódense localizar en todas as partes.
    3. grilo doméstico [Gryllus domesticus] Insecto de cor marrón, abundante en fornos, pedras de cociña, lixo e en todos aqueles lugares onde a temperatura é maior á normal.
  2. s m Peza do muíño, pertencente ao seu mecanismo de rotación, situada na parte inferior do veo, entre o touzo do rodicio e a ra, e que consiste nun cono metálico coa punta redondeada.
  3. grilo ceboleiro ANIMAL/ENTOM Insecto ortóptero, da familia dos grilotálpidos, de corpo robusto, o primeiro par de patas moi desenvolvido e transformado nun órgano escaravellador, co que abren galerías subterráneas, onde habitan.

Refráns

  • A vida do grilo: de día fame e de noite ruído.