sfBIOQMestura complexa de triésteres de glicerina (triglicéridos) que aparecen tanto nos vexetais, nos froitos e sementes, como nos animais nunha capa baixo a pel, o panículo adiposo, e nos órganos profundos como un tecido especializado, o tecido adiposo. A acumulación da graxa cumpre a función de reserva alimentaria e de illante térmico.
sfSucidade que queda nalgunha cousa debido ao contacto con ela.
sfTECNOLSubstancia semisólida que se constitúe por unha mestura de aceites lubricantes con xabóns de catión metálico.