gravimetría

< lat grave ‘pesado’ + -metría
Plural: gravimetrías
  1. s f XEOL Parte da xeofísica que se ocupa da medida da aceleración da gravidade g e da medida cun gravímetro das anomalías que esta aceleración presenta.
  2. s f QUÍM Técnica de análise química cuantitativa que se basea na determinación directa do peso da substancia problema contida nun peso predeterminado de mostra, ou na do peso dun derivado daquela substancia.