gravata

< fr cravate
Plural: gravatas
  1. s f Tira de seda, la ou muselina que se coloca arredor do colo da camisa cun nó ou lazo na parte dianteira.
  2. s f p ext Banda que forma unha lazada e que está pousada no extremo da hasta dunha bandeira ou dun estandarte.

Sinónimos

Citas

  • Para o seu novo traballo ten que levar traxe e gravata

Formas incorrectas

corbata