sfPropiedade rural dedicada á explotación agrícola e gandeira e onde se encontra a vivenda, as cortes e os pendellos.
granxa colectivaExplotación agrícola creada nos réximes socialistas mediante a expropiación ou nacionalización da propiedade privada.
granxa escolaEDUCEscola ou centro educativo en que a inserción no contorno natural e agrícola, como motivo de estudo de investigación e aprendizaxe, cobra un destacado protagonismo dentro do conxunto das actividades formativas.
granxas monacaisHISTExplotacións rurais dependentes dun mosteiro principal en que residía unha pequena comunidade de monxes dedicada ás tarefas agrarias. Algunhas destas granxas chegaron a ter igrexa parroquial propia en que o párroco era designado polo mosteiro.
sfEstablecemento en que se crían animais para a súa explotación comercial.