granate

< occit granat ‘pedra preciosa’
Plural: granates
  1. adx Aplícase á cor vermella escura e ás cousas que presentan esta cor. Tm s m.
  2. s m MINERAL Mineral isomorfo, do subgrupo dos nesosilicatos, que cristaliza no sistema cúbico e ten normalmente unha cor vermella escura. Utilízanse coma abrasivos e en xoiaría e comprende diferentes especies, como a almandina, andradita, espesartita, grosularia, piropo e uvarovita.

Palabras veciñas