gramática

< lat grammatĭca gr γραμματικ ή
Plural: gramáticas
  1. s f LING Disciplina científica que estuda o sistema dunha lingua ou grupo de linguas. É a materia nuclear da lingüística, á marxe de factores sociais, culturais e biolóxicos das linguas e da variación situacional e espacial da lingua.
  2. gramática comparada/contrastiva LING Gramática na que non se estuda o sistema dunha lingua en concreto senón o de varias, confrontándoos.
  3. gramática de dependencias/valencias LING Gramática que se centra no estudo das relacións dependenciais ou conectivas, explorando os vínculos entre as partes que integran a estrutura oracional.
  4. gramática descritiva LING Gramática que expón o funcionamento real do sistema, sen facer consideracións sobre qué opcións se deben usar ou evitar.
  5. gramática estrutural LING Gramática que concibe e analiza a lingua como un sistema de elementos que manteñen relacións entre si e o valor dos cales depende da súa posición no sistema.
  6. gramática histórica LING Gramática que estuda o sistema da lingua ao longo do tempo.
  7. gramática LING Gramática que tenta establecer unha norma preceptiva de corrección.