grafo

Plural: grafos
  1. s m MAT Par (C, S) que se constitúe por un conxunto S de elementos e por un conxunto C de liñas que unen os elementos de S, manifestando unha correspondencia de S en si mesma.
  2. grafo dunha función MAT Gráfica dunha función.
  3. teoría dos grafos MAT Teoría que permite tratar graficamente problemas formalmente complexos, e atopa aplicación en numerosas ramas das matemáticas.