graduado -da

< graduar
Plural: graduados Masculino: graduado Masculino plural: graduados Feminino: graduada Feminino plural: graduadas
  1. p reg graduar.
  2. adx EDUC Que conseguiu un grao na universidade. Tm s.
  3. EDUC
    1. adx Que posúe un título oficial que se corresponde cuns estudos determinados. Tm s.
    2. graduado en educación secundaria Título que reciben os alumnos que acadan os obxectivos do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e permite o acceso ao bacharelato ou á formación profesional específica de grao medio.
    3. graduado escolar Título que se obtiña, antes da reforma da LOXSE (1990), ao rematar optimamente os estudos primarios (Educación Preescolar e Educación Xeral Básica).