adxRelativo ou pertencente aos godos ou ao gótico.
smLINGLingua xermánica extinta, sen falantes desde o s XVIII, que falaban os godos.
adxARTEAplícase á arte desenvolvida entre o Románico e o Renacemento comprendida, segundo os países e rexións, entre os ss XIII e XIV ou XV, que se caracteriza arquitectonicamente polo arco e bóveda de oxivas, mentres que na escultura e na pintura se desenvolveron escenas que reflicten a preocupación polo home e ciclos temáticos relacionados co Xuízo Final, a Virxe e os santos. Tm s m.
escritura góticaESCRTipo de escritura latina usada en Europa durante a Baixa Idade Media (s XIII-XV), do que se distinguen dous xéneros: a libraria, dereita e caligráfica, e a documental, xeralmente cursiva.