gorrión

Plural: gorrións
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos ploceidos, de forma robusta con pico cónico, curto e robusto; ás anchas e curtas e cola mediana e cadrada. A súa plumaxe presenta distintos tons de marrón con manchas negras e rubias. Aliméntanse de grans, insectos ou herbas.
  2. gorrión chiador ANIMAL/ORNIT Gorrión que habita en rochas ou canteiras, de cor castaña cunha mancha amarela no papo.
  3. gorrión común/pardal ANIMAL/ORNIT Ave moi común no medio urbano. A femia presenta plumaxe de cor parda coa parte ventral máis clara ca a dorsal, mentres que o macho presenta manchas negras no papo, peito grisáceo e ás pardas con pintas escuras. OBS: Tamén se denomina pardal.
  4. gorrión orelleiro ANIMAL/ORNIT Ave que presenta unha pequena mancha escura preto do tímpano, e que vive unicamente no campo.