gónada

< gr γόνος ‘esperma, creación’
Plural: gónadas
  1. s f ANAT Órgano, xeralmente par, onde se produce a formación dos gametos (gametoxénese) e as hormonas sexuais. As gónadas masculinas denomínanse testículos e producen espermatozoides, e as femininas, ovarios e producen óvulos.