< lat v *colŭpu lat colăphu gr κόλα ϕ ος ‘labazada’
Plural:golpes
sm
Efecto ou dano que se produce por mor do contacto físico e violento entre unha persoa ou cousa con outra.
Feito de tocarse, máis ou menos violentamente, unha persoa ou cousa con outra.
Acción de facer chocar algo contra unha cousa ou persoa.
Latexo do corazón.
smDesgraza ou contratempo que lle ocorre a alguén.
golpe de grazaAcción que consuma a destrución de algo ou alguén.
golpe francoDEPSanción técnica que se decreta en determinados deportes contra un equipo que cometeu unha infracción ás regras de xogo ou que incorreu nunha actitude antideportiva. Consiste na execución dun lanzamento, que pode dirixirse directamente á portaría do equipo contrario ou cara a un compañeiro do executor.
smAtraco ou roubo que se planea previamente.
smAcción ou acontecemento repentino e sorprendente.
golpe de fortuna/de sorteSuceso extraordinario e favorable que cambia a situación de alguén ou algo de xeito repentino.
golpe de manAtaque de curta duración efectuado por sorpresa e con audacia, xeralmente con poucos efectivos.
smFeito de producirse algo repentina ou inesperadamente.
smManifestación repentina e violenta dun elemento natural.
golpe de marGrande onda de mar que rompe con violencia contra unha embarcación ou contra a costa.
golpe de sol/de calorFISIOLAccidente que se produce por mor das altas temperaturas e que orixina unha alteración no equilibrio que existe na transpiración.
smDito ou feito sorprendente e gracioso.
Citas
A súa morte é un golpe terrible para todos, A quebra da empresa foi un gran golpe para os traballadores
Deulle un golpe cunha pedra, Deu catro golpes na porta antes de entrar
O golpe ao banco non saíu tan ben como pensaban
O golpe dos dous coches foi espectacular, Levou un golpe contra a mesa
Ten un golpe no ollo, Tivo que ir ao medico por mor do golpe nas costas