goberno

< gobernar
Plural: gobernos
    1. s m Acción de gobernar ou gobernarse.
    2. s m Forma de gobernar.
    3. goberno absoluto Goberno en que todos os poderes se reúnen nunha soa persoa ou corpo, sen ningunha limitación.
    4. goberno parlamentario Goberno en que concorre a nación, por medio dos seus representantes, na formación das leis.
    5. goberno totalitario Réxime autoritario, no que o individuo está subordinado ao estado.
  1. s m Conxunto de persoas que exercen cargos executivos nun territorio determinado.
  2. s m
    1. Cargo e dignidade de gobernador.
    2. Edificio ou oficina do gobernador.
  3. s m MAR Técnica empregada para dirixir unha embarcación, mediante a manobra combinada do temón e as velas para manter o equilibrio da ruta.

Citas

  • O goberno deste país é unha dura tarefa, Desatendeu o goberno da casa durante a súa enfermidade, Non conseguiu o título esixido para o goberno de embarcacións de recreo

Refráns

  • Cando a cabeza anda ao revés, ¿que farán os pes?
  • Cando teñas o mando e o pau, non fagas todo o que che se veña á mau.
  • Catro nádegas non caben nun trono real.
  • Con pelos e cantar e latricar, mal se goberna o lar.
  • Fun á casa allea e avergonceime; volvín á miña e goberneime.
  • Non sabe gobernar, o que non sabe negar.
  • Non serve para gobernar, o que non sabe mandar.