glicerol

< glicer- + -ol
Nome científico: C 3 H 8 O 3 Plural: glicerois
  1. s m BIOQ Triol alifático, líquido incoloro, viscoso e de sabor doce. Emprégase como solvente, humectante, plastificante, anticonxelante, emoliente, na fabricación de explosivos, resinas alquílicas, produtos cosméticos e preparados farmacéuticos. OBS: Tamén se denomina glicerina.