sfCélula ou conxunto de células illadas ou agrupadas nun órgano determinado con función secretora, endócrina ou interna e exócrina ou externa, de substancias de tipo hormonal ou encimático.
glándula apócrinaGlándula que segrega en gran cantidade substancias propias da célula.
glándula de BartholinGlándula do aparato xenital feminino, que desemboca en cada costado do orificio vaxinal dalgúns mamíferos, e que segrega un líquido mucoso, destinado a lubrificar o aparato xenital no momento do coito.
glándula de BrunnerGlándula situada no duodeno e disposta en dúas capas separadas pola muscularismucosae que intervén na formación do zume intestinal.
glándula de CowperGlándula situada baixo a próstata, que segrega un produto alcalino, viscoso e mucoso que lubrifica a uretra e contrarresta o seu pH ácido. OBS: Tamén se denomina glándulasbulbouretrais.
glándula de MalpighiGlándula tubulosa simple situada na derme da mucosa do tubo dixestivo, desde o píloro ata o intestino groso.
glándula de MeibomioFolículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral, que produce unha secreción especial que, ao secar, forma as lagañas.
glándula de NabothGlándula mucosa situada ao redor do orificio do colo uterino.
glándula de SkeneGlándula situada na parte final da uretra feminina.
glándula de ZeisGlándula situada no contorno libre da pálpebra que se presenta en número de dúas por cada folículo piloso, ao lado das glándulas ciliares.
glándula intersticialGlándula de secreción endócrina que se sitúa entre os folículos ováricos ou os tubos seminíferos, e que segrega hormonas femininas ou masculinas, respectivamente.
glándula lacrimalGlándula tubuloalveolar que se sitúa na posición antero-superior e externa da cavidade orbitaria e segrega as bágoas.
glándula mamariamama.
glándula odoríferaGlándula exócrina propia dos mamíferos, réptiles, insectos e algúns miriápodos que segrega substancias para establecer unha comunicación intraespecífica, ou como mecanismo de defensa.
glándula paratiroideGlándula endócrina que se sitúa arredor da tiroide e que segregan a hormona paratiroide (paratormona).
glándula pinealglándulapineal.
glándula pituitariahipófise.
glándula prostáticapróstata.
glándula salivarGlándula que segrega a saliva no interior da cavidade bucal ou nas súas proximidades.
glándula sebáceaGlándula exócrina que desemboca no folículo piloso ou directamente na superficie cutánea, e segrega o sebo que impregna a pel e os pelos. OBS: Tamén se denomina folículosebáceo.
glándula sericíxenaGlándula dos arácnidos que se sitúa na parte ventral do abdome e que segrega unha substancia viscosa, ou seda, con que tecen as arañeiras.
glándula sudoríparaGlándula exócrina da pel que segrega a suor.
glándula suprarrenalGlándula endócrina situada en posición retroperitoneal na parte superior de cada ril. Segrega adrenalina e noradrenalina, e sintetiza os mineralcorticoides, os glicocorticoides e os andróxenos.
glándula tiroidetiroide.
glándula velenosaGlándula que se localiza nun gran número de animais, coma peixes ou anfibios, e que serve para segregar substancias tóxicas que empregan para defenderse ou para atacar.
glándula xenital/sexual femininaovario.
glándula xenital/sexual masculinatestículo.
sfBOTCélula ou conxunto de células que acumulan ou expulsan, ao exterior ou a unha cavidade, os produtos de secreción que produce a planta.