gaucho -cha

< quechua wáhča ‘indixente, orfo’
Plural: gauchos Masculino: gaucho Masculino plural: gauchos Feminino: gaucha Feminino plural: gauchas
  1. adx Relativo ou pertencente aos gauchos.
  2. s m HIST Xinete que vivía e traballaba nas áreas gandeiras de Arxentina, S de Brasil e Uruguay. Ao estalar o movemento emancipador, xuntáronse aos exércitos que loitaban pola independencia. Posteriormente, instaláronse nas propiedades e convertéronse en gandeiros sedentarios.

Palabras veciñas