sAnimal en que se engloban varias especies de mamíferos da familia dos félidos, da orde dos carnívoros. Presenta cabeza arredondada co fociño curto e orellas redondeadas, ollos grandes con visión binocular, e pelame.
gato caseño/doméstico [Felis catus]Gato de coloración diversa e cola máis estreita e puntiaguda.
gato bravo/fero/do monte/montés [Felis silvestris]Animal de pelame gris ou pardo, con franxas transversais escuras e cunha liña negra ao longo do dorso, cola grosa e anelada co extremo negro.
gato murador/pescador/rateiroGato caseño que é bo cazador de ratos.
gato salvaxe [Felis silvestris]Gato co rabo curto e de pelaxe de cor crema con bandas escuras transversais.
smANIMA/ICTXénero de peixes, da familia dos esciliorínidos, coa cabeza aplanada e o corpo delgado, de cor gris rosada con manchas circulares escuras.
smTECNOLAparato mecánico ou hidráulico, que se emprega para elevar cargas pesadas.
smFerramenta que consiste nunha barra con dous saíntes, un deles móbil que se aproxima ao outro para apertar e suxeitar entre os dous algunha peza.
gato pintadoANIMALMamífero carnívoro, da familia dos félidos, que presenta a pelame con manchas ovais e raias lonxitudinais negras. É de costumes nocturnos, moi bo gabeador, e extremadamente áxil nas árbores, onde pasa a maior parte do tempo.
gato pintadoANIMALMamífero carnívoro, da familia dos félidos, que presenta o pelame de cor gris terrosa clara con manchas ovais e raias escuras ou negras. É de costumes nocturnos e moi bo trepador e áxil nas árbores.
gato salvaxeANIMALGato co rabo curto e de pelaxe de cor crema con bandas escuras transversais.
Refráns
As veces a carne está no prato por falta de gato.
Bo amigo é o gato, se non rabuñara.
Cando os gatos lavan a cara, sinal de visita na casa.
Carne que leva o gato non volve máis ao prato.
Come o gato o que atopa mal gardado.
Come o gato o que non topa ben gardado.
Con fillos, o gato ben caza o rato.
Facédelle festas á gata e saltaravos á cara.
Facédelle festas ao gato é rabuñaravos.
Gata roxa, tal as fai, tal as coida.
Gata vermeUa, tal as fai, tal as pensa.
Gato do mes de xaneiro vale un carneiro.
Máis come o gato dunha ves, que un rato nun mes.
Mal lle vai aos gatos cando andan aos gorrións.
Non deites a gata na túa cama nin lle deas couces despois de deitala.
Non está a carne no garabato por falta de gato.
O gato leva o mal gardado.
O gato saca as unllas, cando as ha mester.
Sempre que botes a gata na cama, ten coidadiño de non mancala nin couceala.