gastrótrico -ca

< lat científico Gastrotrichia, xénero de animais
Plural: gastrótricos Masculino: gastrótrico Masculino plural: gastrótricos Feminino: gastrótrica Feminino plural: gastrótricas
  1. adx Relativo ou pertencente aos gastrótricos.
  2. s m ANIMAL Metazoo do subtipo dos gastrótricos.
  3. s m pl ANIMAL Subtipo de metazoos triploblásticos acelomados. Inclúe formas microscópicas, cilíndricas, co extremo cefálico provisto de boca, cilios e pelos sensoriais e o extremo caudal con ano e dous apéndices terminais. Presenta unha cutícula con espiñas. Viven na auga doce e salgada e nútrense de pequenos organismos e detritos.