gastar

< lat vastāre ‘devastar’
  1. v t Minguar a cantidade dunha cousa, especialmente dos cartos.
  2. v t Empregar unha cousa algo para funcionar. Tm abs.
  3. v t Deteriorar algo ou alguén unha cousa debido ao uso da mesma.
  4. v pron Deteriorarse unha cousa polo uso.

Sinónimos

Citas

  • De tanto cargar o coche gastáronselle as rodas moi rápido
  • Esa lavadora gasta moita cantidade de auga, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Teño un coche que gasta moito
  • Gastou os seus aforros en mercar o piso
  • Gastou os zapatos de tanto pasear cos amigos, O vento gastou as inscricións da pedra

Frases feitas

  • Gastar palabras/a parola/moita parola. Falar en van.

Refráns

  • Á bula e ao caseiro, o mellar difieiro.
  • Cada un estrica a pema ata ande a saba chega.
  • Cada un extende a pema como ten a coberteira.
  • Manter unha casa non o sabe senón quen o pasa.
  • Ninguén extenda a perna máis do que a saba dea.
  • Non lle vai nada mal ao que as madeixas pode gastar.
  • Ó cabo do ano máis come o enfermo ro sano.
  • O diñeiro foxe coma a auga dun regueiro.
  • O diñeiro que máis nos fai aledar é o que se sabe gañar e o que se sabe gastar.
  • Onde se gaña, gástase e, onde se gasta, gáñase.
  • Onde tiran e non se pon, logo se chega ao fondón.
  • Quen gasta e mente, a bulsa llo sente.
Verbo: gastar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gasto

gastas

gasta

gastamos

gastades

gastan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gastaba

gastabas

gastaba

gastabamos

gastabades

gastaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gastei

gastaches

gastou

gastamos

gastastes

gastaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gastara

gastaras

gastara

gastaramos

gastarades

gastaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gastarei

gastarás

gastará

gastaremos

gastaredes

gastarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gastaría

gastarías

gastaría

gastariamos

gastariades

gastarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gaste

gastes

gaste

gastemos

gastedes

gasten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gastase

gastases

gastase

gastasemos

gastasedes

gastasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gastar

gastares

gastar

gastarmos

gastardes

gastaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

gasta

-

-

gastade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

gastar

gastares

gastar

gastarmos

gastardes

gastaren

Xerundio

gastando

Participio

gastado

gastada

gastados

gastadas