gas

< palabra inventada por J. B. Helmont sobre o lat chaos ‘caos’
Plural: gases
  1. FÍS
    1. s m Estado da materia en que as moléculas que o compoñen están pouco ligadas.
    2. gas perfecto/ ideal Gas en que a interacción entre as súas moléculas é nula.
    3. gas real/imperfecto Gas que presenta un comportamento que se aparta do dos gases ideais.
  2. s m FÍS Conxunto de partículas que se pode estudar mediante a aplicación das teorías da mecánica estatística.
  3. QUÍM
    1. s m Mestura combustible de gases que se emprega para a produción de calor ou para a iluminación.
    2. gas cidade Gas composto principalmente de hidróxeno e hidrocarburos que se obtén a partir do petróleo, e que se emprega como combustible doméstico.
    3. gas natural Mestura gasosa de hidrocarburos que se emprega na industria e nos fogares como fonte de enerxía.
  4. s m pl FISIOL apores que se producen no estómago ou nos intestinos.
  5. gas asfixiante QUÍM Gas que se emprega na guerra química, que afecta ás funcións do organismo.
  6. gas dos pantanos QUÍM Gas combustible que ten como principal compoñente o metano.
  7. gas electrónico ELECTRON Conxunto de electróns libres en movemento no interior dun recinto baleiro ou con gas, dun condutor ou dun semicondutor.
  8. gas grisú QUÍM grisú.
  9. gas interestelar ASTRON Forma en que se presenta a maior parte da materia interestelar.
  10. gas lacrimóxeno QUÍM Gas que actúa selectivamente sobre as terminacións nerviosas da córnea e da conxuntiva, que provoca dor e abundante secreción de bágoas.
  11. gas nobre/inerte/raro QUÍM Elemento químicamente inactivo que pertence ao grupo 0 da táboa periódica e que se caracteriza por presentar pouca reactividade.
  12. pós de gas QUÍM cloruro de calcio.